martes, 6 de noviembre de 2007

Viaxe a Ávila

Durante a pasada ponte quedabamos en Madrid uns poucos amigos, cos que fun ver o monólogo de Ignatius. Nun dos momentos nos que estabamos a parolar, xurdíu a idea de aproveita-la fin de semana para facer unha pequena escapada a algures. A data elixida foi o sábado, xa que eu non tiña ningún encontro e deixaba o domingo para descansar algo ou remata-las tarefas da casa. Agora tan só quedaba escolle-lo sitio. Podería ser Toledo, pero algún xa fora non hai moito...¿ tal vez Segovia?... tamén o coñeciamos. ¿Seica Ávila?, (¡Ummmm chuletón!) definitivamente, Ávila estaba ben.

Tendo en conta que estabamos na capital de provincia a maior altitude e que xa estamos en Novembro, íamos preparados para un día xélido. Afortunadamente tivemos bastante bo día, xa que non precisamos do xersei ata mediados da tarde.

En canto a cidade, non é que sexa moi grande, pero para dar unha voltiña dun día, ben vale. A parte que está dentro das murallas está bastante ben para pasear, pero tampouco hai moito máis. Pódese subir á muralla ou visitar igrexas (unha das cidades con meirande número de igrexas por habitante) e a catedral, pero cobran por todo. Como dixo un dos meus amigos, é mellor a muralla de Lugo, que é gratis e ademais pódeselle da-la volta completa.

A cidade estaba ateigada de turistas, ata había unha excursión de xaponeses* (non poden faltar en calquera lugar turístico que se precie), así que costounos atopar un sitio onde poder xantar. Pero ó final, caeu o menu "dietético" composto por "Judías del Barco de Ávila y Chuletón de Ávila", o verdadeiro motivo da viaxe.


*Nota mental: Pedir un crédito para montar unha empresa de aluguer de xaponeses ós sitios turísticos en desenvolvemento.

1 comentario:

OrDousxDous dijo...

Cuando estuve en Ávila el año pasado me pasó lo mismo, en un par de horas vi todo lo que había, y no subí a la muralla porque me pareció muy cutre que te cobraran por ello (forza Lugo!).

De chuletón nada (por desgracia), ahora que me puse tibio a base de yemas de santa teresa, que te suben el azúcar sólo con mirarlas.