Venres pola mañá érgome cedo,
de súpeto, humidade no piso,
algo pasa, estou seguro diso,
meu corpo percorrido polo medo.
A tristura fíltrase polo teito,
bágoa tras bágoa de saudade,
estigmas na parede de humidade,
fervenza de pena. Non estou afeito.
Tan só palabras, xestos, aloumiños,
agora está tranquila, xa non chora.
Prometo que miña volta non tarda.
Toca separa-los nosos camiños,
o traballo espera, de partir é hora.
Mais sei que na casa Homer agarda.
de súpeto, humidade no piso,
algo pasa, estou seguro diso,
meu corpo percorrido polo medo.
A tristura fíltrase polo teito,
bágoa tras bágoa de saudade,
estigmas na parede de humidade,
fervenza de pena. Non estou afeito.
Tan só palabras, xestos, aloumiños,
agora está tranquila, xa non chora.
Prometo que miña volta non tarda.
Toca separa-los nosos camiños,
o traballo espera, de partir é hora.
Mais sei que na casa Homer agarda.
P.D.: A mancha de humidade, non vos ten certo parecido a alguén?. Inclúese unha posible resposta, onde falta o nariz. Se alguén ten outra proposta, podemos facer un concurso.

