A paisaxe era bucólica, o río Tormes no lado esquerdo, os prados dunha intensa cor verde, máis aló estaban as montañas, e xa no fondo, podíanse ver algúns cumes nevados. Esta bela estampa non facía presaxiar que se tivese que sofrer tanto para poder conquistar un novo territorio para os Madarnás. O sacrificio xa comezou a primeira hora da mañán, xa que houbo que erguerse antes que calquera día laborable. Tras dúas horas e media de viaxe, emprendeuse a marcha baixo un sol de xustiza, unha marcha de algo máis de 12 Km. No camiño houbo que loitar contra as silvas, a lama, e ata cun conato de motín de Enxeñeiros, pero ó final, o sangue non chegou ó río.
Velaquí temos a imaxe, que pasará a posteridade, na que o Yonyi chanta o estandarte reclamando os seus dereitos sobre ese territorio:

Esta conquista tivo o seu custo, xa que agora o Yonyi ten os brazos e maila faciana dunha cor rubia intensa. Pero aínda así, mereceu a pena.