lunes, 12 de noviembre de 2007
Naufraxio á vista
Estou canso. Hoxe foi un día longo. Agora escribo dende o sofá, escoitando ós Dire Straits, despois de ter ceado e de pór as pernas en alto. Estou a darlle voltas ó asunto do traslado e non lle vexo bo fin. Esta tarde só vinte dos máis de cen pasaxeiros que imos nesta nave nos reunimos para planexar un motín co que esixir os nosos dereitos ó capitán e ó resto dos oficiais. Hai quen xa vaticinou que algúns destes amotinados serán tirados ó mar sen piedade, para que os devoren as quenllas. Outros pensan que nada cambiará, que despois da tempestade sempre ven a calma. E outros adícanse a nadar e gardar a roupa. A ver si finalmente a cousa chega a bo porto... (continuará)
Suscribirse a:
Comentarios de la entrada (Atom)
2 comentarios:
Marineros de agua dulce, anacolutos, ectoplasmas, filibusteros, beduinos interplanetarios, palurdos de los Cárpatos, oricterópodos, arrrrrrrrrr...
Máis Haddock aquí
Arrrr, propoño que fagades un motín e que pasades a tódolos xefes pola quilla.
O mellor exemplo témo-lo nunha curtametraxe dos
Monty Python
Publicar un comentario