viernes, 8 de febrero de 2008

Estou Mallado

Hai algún tempo xa escribín sobre os proxectos desenvolvidos por Potrosoft no eido das despedidas de compañeiros. Onte pola noite tivemos a tradicional cea na que se homenaxeaba ós devantidos compañeiros. O tema estivo moi ben xa que sobrou algo de comida (imprescindible en calquera comida que se precie), ademais a comida estaba saborosa. Por outro lado, estivemos toda a cea a rir a cachón, case que temos maniotas na queixada.

Unha vez rematada a cea, chegou a hora das copas, momento no que se establece unha relación inversamente proporcional entre o tempo transcorrido e o número de xente. Tralo peche do penúltimo local, tan só quedabamos catro dos vintesete que comenzarámo-la noite. Unha última copa e chega o momento do almorzo, xa estamos tres. Finalmente acompañamos a un dos compañeiros ata casa, e como xa estaba o Metro aberto, pois os dous que quedabamos decidimos ir ó traballo, xa que se iamos descansar, ó mellor xa non nos erguiamos a tempo.

Así que estou no traballo, escribindo para non quedar durmido, esperto dende hai máis de 24 horas. É a primeira vez que vou de reenganche, e é unha experiencia bastante dura.

Pero todo esforzo é pouco para que a Humanidade poida desfrutar as 24 horas do día dun dos Madarnás.