sábado, 31 de mayo de 2008

Crise humanitaria pola escaseza de paraugas

Galicia, superpotencia mundial no eido da pluvioloxía, pon os seus excedentes de paraugas a disposición dos máis necesitados.



Por un mundo mellor, FREE UMBRELLAS.



miércoles, 21 de mayo de 2008

Unha de cubículos 2, hipercubículo

Xa que nunha entrega anterior OrDousxDous nos amosara o seu lugar de traballo, agora toca corresponder cunha invitación para coñece-lo meu lugar de traballo de forma virtual.
Dende o principio dos tempos hai diversas clases ou castas, no noso caso a escada social está composta por dous chanzos, os propios e mailos alleos.

En primeiro lugar vouvos amosar como é un posto de traballo dun propio:


Na imaxe pódese apreciar que teñen un soporte para poñe-la caixa do PC, ademais teñen uns caixóns no que garda-las súas pertenzas e documentación. Tamén existe un pequeno tabique para separa-lo teu espacio do de enfronte.

Na seguinte imaxe temos un antigo posto de alleo, que agora está en vías de extinción:


Non se pode ver ben na imaxe, pero neste caso non hai ningún tipo de caixón, polo que a meirande parte dos papéis teñen que estar por riba da mesa, ó igual cas CPUs. O deseño da mesa é moito máis sinxelo e non hai ningún tipo de elemento que delimite o espacio entre alleos. Outra diferencia que atopamos é que mentres as manadas de propios agrúpanse de seis en seis, no caso dos alleos pode chegar a haber 9 no mesmo espacio.

A última moda é expoñe-los alleos en vitrinas, coma se de trofeos se tratase:


Nesta vitrina que se podería calificar como hipercubículo, sitio onde me mudei xa vai unha semana, estamos seis persoas, aínda que na imaxe tan só hai postos dous equipos. Como se pode apreciar, calquera atisbo de comodidade foi eliminado. A concentración de xente fai que a temperatura que vai na sala sexa sempre de 3 ou 4 graos máis que fóra dela. Para poder te-las nosas cousas, formamos un pequeno grupo de resistencia, facéndonos fortes e apropiándonos dun pequeno armario que hai fora da sala. Ata fai dous días o meu sitio era de espaldas ó cristal, de xeito que calquera que pasase por alí podía ve-lo mesmo ca min no meu ordenador sen eu darme de conta.

E ata aquí chega o noso "tour", espero que desfrutasen da visita.

miércoles, 7 de mayo de 2008

Outra Estrea no Millo ...

Nos últimos anos a crise de ideas en Hollywood fixo que se tivesen que retoma-los clásicos e aparecesen centos de "remakes". Madarwood, a meca do cine deste lado do río, trata de estares sempre na vangarda, participando tamén do fenómeno dos "remakes".

Evergreen Entertainment marcouse o obxectivo de facer unha versión dunha obra de culto que obtivera grandes críticas. Coma non podía ser doutro xeito a obra escollida é "Prejubilame".

A estrea oficial do vídeo farase ó mediodía na páxina de "adiosalosveinte", propondo un xogo no que a súa correcta resolución terá coma premio a aparición de URL do vídeo; mentres que a idea e mañá publica-lo vídeo directamente na web.

O departamento de Mercadotécnia considera que é preciso que se faga unha preestrea invitando á "beautiful people" para darlle caché ó tema. É que "people" máis "beautiful" que os Madarnás, é que mellor lugar para face-la preestrea que iste blogue.

Así que sen máis preámbulos, xa podedes desfrutar de "Prejubilame Toons":


martes, 6 de mayo de 2008

A fin do Leopoldismo

Fai algún tempo comentara que no traballo tiñamos a extraña afección de enviarlle correos a unha compañeira que está a piques de cumpli-los trinta. Pero no entorno tecnolóxico no que nos movemos iso non nos enchía, xa que non permitía ningún tipo de interactividade, así que decidimos complicar un pouco a cousa e xerar un blogue no que se puidese segui-la conta atrás en tempo real e participar de forma máis directa. Nacendo así "adiosalosveinte".

Ademais da funcionalidade principal, aproveitamo-la súa existencia coma foro para promove-las nosas ideas máis absurdas. Unha mostra é o "Clube de Fans de Calvo Sotelo" (CFCS), no que se atopan diversas obras baseadas na súa persoa. A pena é que esta fin de semana tivémo-la mala sorte de que morrese. Algúns acúsannos de gafes, xa que ninguén se lembraba del ata que comezamos coa web.

Hoxe rematan os días de loito oficial, e teño un compañeiro que leva dende o luns coa bandeira a media hasta.



P.D: Se queredes deixar comentarios sobre as fotos ou darlle ánimos á miña compañeira, tedes completa liberdade.