martes, 29 de julio de 2008

Os Mandarinas

Nestes tempos de globalización as falsificacións inundan os mercados. Todo producto cun pouco de prestixio acaba tendo a súa copia, é como non podía ser doutro xeito, o blogue dos Madarnás tamén está a ser froito desta afrenta contra a propiedade intelectual.

Neste caso trátase dun blogue "homónimo mexicano non sindicado" que aparece baixo o nome dos Mandarinas. Habería que consultar cun experto, pero considero que claramente estamos ante un caso de plaxio, xa que os escritores da bitácora fanse chamar: O4x4, Ricardo, Gaby e Jürgen, e ademais a estética e sospeitosamente parecida.

Como unha imaxe vale máis ca mil palabras, deixovos unha captura de pantalla sacada esta mañá do meu navegador, para que vexáde-las similitudes.


¡¡¡Isto é a guerra, imos facer zume dos Mandarinas!!!

lunes, 28 de julio de 2008

A campaña do encoro de Buendía

Tras un breve período retomando forzas e mudando a pel trala dura conquista do Tormes, os Madarnás volveron conquistar un novo territorio. Nesta ocasión trátase do encoro de Buendía, importante enclave fluvial no trasvase "Tajo-Segura". Esta operación levaríase a cabo baixo o nome en clave de "Despedida do Daivilín".

A empresa semellaba difícil, polo que houbemos de xuntar tódolos recursos dispoñibles. Ó tratarse de temas hidráulicos, decidimos buscar un experto que nos asesorase, e que mellor opción que recurrir ó fillo adoptivo dos Madarnás, Aitor. Unha vez formado o equipo, tan só restaba atopar un emplazamento dende onde comeza-la conquista. O punto elixido foi o pobo de Jabalera, situado a uns escasos 10 Km do encoro.

Para a conquista deste terreo foi preciso un gran despregue de medios, xa que fixemos desembarcos en piragua, saltos ó vacío dende 5 ou 6 metros, e contamos con unidades motorizadas para ir polas agrestes sendas. Mentres que para a defensa contra posibles elementos hostís tan só dispoñiamos de arco e frechas, o que fai máis épica a nosa xesta.



Afortunadamente non hai moito que salientar no parte de guerra, tan só as contusións e pequenas feridas típicas destes casos, que pouco a pouco van curando.