jueves, 20 de diciembre de 2007

3, 2, 1...Nadal

Xa queda moi pouco para a chegada do Nadal, así que estes últimos días adicamos o noso tempo a deixar tódolos cabos ben atados. Os fitos máis salientabels do Yonyi son:

  • Adquisición e intercambio de participacións da Lotería de Nadal. Grazas ó intercambio cos compañeiros de traballo e coa familia, ata o momento dispoño de 9 números, e aínda poden ser máis. Nalgunha das vindeiras entradas xa porei como queda o balance dos 63 € que xogo.
  • Elaboración da felicitación das Festas entre os amigos do traballo. Tralo éxito acadado con anteriores proxectos, a delegación madrileña de Potrosoft foi designada para realiza-lo "Powerpoint" de felicitación, obtendo novamente louvanzas e parabéns.
  • Obtención de agasallos. Co lanzamento dun concurso entre os empregados de Telefónica (e alleos), a ludopatía chegou ó meu departamento, e tras pasar case que toda unha mañá adicada a participar no concurso, empregando métodos demasiado frikies como para seren explicados aquí, obtiven un rato inalámbrico e un Nokia 6131. Non está mal o botín (non confundir co Botín de Pilar).
  • Cesta de Nadal. Dende o luns teño na casa a cesta de Nadal deste ano. Por mor de que a do pasado fora moi abundante, a deste ano defraudou un pouco, pero hai que recoñecer que tampouco está nada mal, xa que conten o segundo mellor agasallo que se pode facer no Nadal, a paleta de porco de landra, só superado por un bo xamón.

Velaquí tedes as probas do delito:


sábado, 15 de diciembre de 2007

Homecoming

Deiquí nunha semá os Madarnás volvemos o punto de partida. M3.2 aproveita pra mandar un saúdo a todos os Madarnás, especialmente os que lean esto.
Despois para recordar que M3.2 e compañía parten o sábado pola mañá (07:00 ou así) pra A TERRA, que é a denominación oficial de Galicia, e o sitio onde os Madarnás retornarán cando chegue o momento.
Hai sitio pra máis, M3.3 xa está apuntado, aínda que penso que M3.6 tamén podería vir. M3.1 parte o venres pola tarde.

Vou ser alfa-tester dun xogo, eso sí que mola!!!
Polo demáis pouco máis que contar, salvo que conto convosco para o evento do día 16 de agosto, alén do río, do que xa vos contaréi máis cousas.

PS: tesme que ensinar a xogar, mola un cacho.

jueves, 6 de diciembre de 2007

MadarRisk

EI RAPAZ, XA ESTÁ AQUÍ O NADAL!.

Aínda non tes claro o que lle vas pedir ós Reis na túa carta?. Dende Evergames chega a proposta máis novidosa en xogos de taboleiro. O MADARRISK!!.

MadarRisk é un xogo dinámico, no que as distintas faccións dos Madarnás tratarán de conquista-lo mundo que se atopa alén "do outro lado do río". Trátase dun xogo gastronómico-cultural que está pensado para que poida ser disfrutado tódala familia, sendo válido para calquera idade e dende 1 ata 20 xogadores.

As regras do xogo son moi sinxelas. Cando un dos Madarnás chegue a un novo territorio, deberá chantar nel o seu estandarte, reclamando como propio dito territorio. No caso de que ademais se adxunte documento gráfico para demostra-la conquista, aplicarase un factor multiplicativo x2. As formas máis comúns de obter novos territorios son as seguintes:

  • Unión temporal con aliados "do outro lado do río" para organizar unha cruzada conxunta.
  • Alianza con outros Madarnás na procura de novos territorios.
  • Expedición solitaria dun membro Madarnás.
  • Visita ós dominios dun aliado "do outro lado do río".
  • Tratado de unión temporal ou definitiva con herdeiros doutros territorios

Veña, a que esperas, date presa ou quedarás sen el!.