jueves, 10 de abril de 2008

Unha de cubículos

Bueno Yonyi, xa che dixera que tiña isto preparado o outro día, pero as poucas ganas de pórme diante do ordenador, despois de pasar todo o día diante dun, son moi malas de superar. Pero aquí vai.

Supoño que ti e máis eu somos os únicos EM que coñecemos os perigos do misterioso Síndrome do cubículo crónico, no que moita xente ve reflectida as consecuencias dunha dura vida dedicada a traballar cos ordenadores nunha oficina.



Os que non coñecían este arrepiante mundo, estarán pensando o afortunados que son por non teren que traballar nestas instalacións que parecen saídas das cuadriculadas mentes do Partido Cuadrado. Pola contra, os que o coñecedes estaredes a pensar que é o que hai, e que hai que levalo como mellor se poida, pois non é por asustarvos, pero aínda PODE SER PEOR!!!!.



Si, esa mesa é real, tan real que é a miña. Existe unha tirada completa de fotos sobre o meu hábitat laboral, pero non quero que teñades pesadelos nin que sufrades por min, así que gardareinas para unha mellor ocasión, pero que saibades que por riba hay un estante cheo de manuais que ameaza con me caer na cachola.

viernes, 4 de abril de 2008

O canto do parrulo

Como se dunha galería de tiro ó pato se tratase, o tempo pasa e chega un momento no que o "parrulo" das deceas ten que caer e deixar paso ó tres. Trátase da primeira das crises sobre a idade, que algún de vós está a piques de pasar, e a outros tampouco é que nos quede moito.

No traballo temos unha compañeira que se atopa nesa situación e que non o leva demasiado ben. Para facilitarlle esa difícil transición algúns do traballo estamos a facer unha labor psicolóxica tratando de que se vaia afacendo á idea e por iso cada mañán envíaselle un correo no que se recorda o número de días que faltan para chegar ó seu aniversario. O correo está dirixido dende unha conta que se chama "adios a los veinte" e contén o número de días que quedan, un texto para lle dar ánimos e unha imaxe que ten relación co texto, por exemplo unha momia, unha dentadura postiza ou un bote de antienrugas.

Coa fin de ameniza-la espera ata que chegue o día, Evergames deseñou un xogo de coñecementos en Excel no que se pretende ver o coñecemento da xente en cousas obsoletas. Como gracia tiña que a última imaxe era a da propia compañeira, pero por temas de dereitos de autor, na versión oficial é substituida por outra imaxe.

Despois de fase de probas pertinente, empregando ós compañeiros como "beta-tester", dende hoxe o xogo está a disposición do gran público. Recoméndase que os máis novos xoguen baixo a supervisión dun adulto, xa que posiblemente non teñan a experiencia suficiente para resolve-lo enigma.

Para descarga-lo xogo, premer na imaxe