O pasado luns pola tarde fíxose unha proxección de preestrea da coproducción hispano-mexicana "La Zona". O lugar escollido foron os cines Roxy B; e a falta de alfombra vermella, para darlle un pouco de "glamour" ó asunto, os Madarnás estiveron alí. Nesta ocasión a representación estaba composta por Richi e mailo Yonyi.
Ó comezo do pase, o productor e o director (Rodrigo Plá) dixeron unhas breves verbas, e escusaron a ausencia de Maribel Verdú, que inicialmente estaba prevista. O certo é que me quedou pena disto, xa que degorábame por ver a Maribel Verdú de preto, xa que segundo vai pasando o tempo, vai estando máis guapa.
No que se refire ó filme, as expectativas eran prometedoras, xa que viña avalada por algúns premios internacionais coma o "Premio da Crítica" do Festival de Toronto, ou o premio á "Mellor Ópera Prima" do Festival de Venecia. Persoalmente a película paréceme que está a altura do esperado, nalgúns momentos o argumento é previsible, e os actores tal vez sexan un pouco arquetípicos, pero a liña argumental está ben traballada. Ademais, a temática aínda que un pouco esaxerada, é moi crible, xa que de cando en cando coñecense novas que semellan ir polo mesmo camiño.
A estrea oficial será este venres día 9. Pero recorda:
¡OS MADARNÁS XA ESTIVERON ALÍ!
Suscribirse a:
Comentarios de la entrada (Atom)
No hay comentarios.:
Publicar un comentario