Voltamos a terra. (Voltei)
Xa tiña algo de ganas, pero aínda non tocara; e como non choveu -disque estamos case que de sequía- e fai sol, a verdade é que apetecía estar fóra pola tarde, i estamos en novembro.
Que ben se está eiquí, colleron hai uns días a Diego nun traballo en Porto (Galiza do Sur), e logo voltará para Ourense, para a central en España da empresa, vedes eso sí que está ben. Ademáis Judith empezará a traballar en Red.es en canto o diga na súa actual empresa. Case funcionaria, eso sí que está ben. Ela está moi contenta, agora só imos quedando os demáis.
A min tamén me apetecería volver algún día, pero polo de agora isto é o que hai.
E mañá celebramos magosto, non será como cando eramos novos, coa familia ou cos amigos, pero estará ben.
Por certo, non farei más referencia a esa festa estranxera do Halloween.
Suscribirse a:
Comentarios de la entrada (Atom)
1 comentario:
Ultramagosto téñoo eu este sábado, a ver se fago despois unha crónica, que ultimamente as nosas festas están collendo moita categoría.
Publicar un comentario