sábado, 20 de octubre de 2007

Yonyi's Day

Antonte foi o vixésimo sétimo Yonyi's Day, unha festa na que se celebra o nacemento do Yonyi.

Para celebralo fíxose unha boa paparota coa familia, na que o prato estrela foron as saborosas berzas do país acompañadas con patacas e chourizo. Rematada a cea, chegou o momento de deixarse os folgos no apagado das candeas. E xa por último, tivemos a entrega de agasallos, tanto para Yonyi, coma para Pi, a quen aínda se lle debía algún. Os agasallos do Yonyi foron:

* Un polo de manga longa de cores gris e laranxa. (Moi útil para días frescos)
* Unha camiseta fashion para ir guapo á vez que elegante.
* A Powerball, que fixo as delicias dos máis novos.

Velaquí temos unha foto da familia:


1 comentario:

richi dijo...

Pero qué juapos saímos todos!!!