martes, 23 de octubre de 2007

Xa queda pouco

Aproveitando o pouco tempo libre que me permite o meu abafante traballo, fai pouco comecei co filtrado e clasificación das fotos que tirei en Roma. O proceso aínda non está rematado, pero xa lle vai quedando menos.

A parte máis dura do choio xa quedou atrás, agora estou afinando o tema para darlle un pouco de valor engadido (é o que ten a deformación profesional).

E como aperitivo da conferencia que vos teño pensado dar sobre a miña viaxe, amenizada coas correspondentes 160 fotos, aquí temos unha foto da "Ponte Sant Angelo". De seguro que teño algunha foto mellor, pero nas outras non saio tan ben (coqueto que son).

No hay comentarios.: