viernes, 4 de enero de 2008

Tintín No Outro Lado Do Río

Aínda que pareza mentira, existe xente que non ten como un dos seus obxectivos primarios a "conquista do mundo". Por iso, dende ista páxina presentámosvos unha alternativa cultural como posibel agasallo na noite de Reis.

"Tintín no outro lado do río". Trátase dunha obra apócrifa, na que o reporteiro máis internacional, tratará de solventar un novo misterio acontecido na inhóspita paraxe que se atopa alén da ribeira do Río. Para esta nova aventura contará coa compaña dos seus colaboradores homónimos galegos non sindicados:
  • O Capitán Rillar, un lobo de mar coñecido pola súa extravaganza na nobre arte da aldraxe.
  • O Profesor Davilín, un excéntrico e despistado científico docto en múltiples materias.
  • García e Rodríguez, dous inspectores da policía que destacan pola súa inxenuidade e torpeza.
Este libro de tirada limitada fará as delicias de tódolos amantes da lectura.

Como non podía ser doutro xeito, o producto conta coa garantía de calidade de Evergreen Editions.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Pero por favor, que casi me da un flus!!!!! Que no puedo parar de reir, vaya cuatro!!!!! Quiero un libro de ésos, aunque venga en gallego o lo que sea, pero esto yo no me lo pierdo :-)