Entre os centos de habilidades dos Madarnás está a clarivedencia, e mediante uns recentes estudos lograron recupera-la tradición Celta na arte da adiviñación. Todo isto foi posible grazas a aparición de dous códices:
-"El códice del corazón y bolsillo lleno", trata sobre amores e os cartos, sendo orixinario da zona de Escocia. Na península cómezase a coñecer no século XVII grazas o traballo de tradución gaélico-castelán realizada por Green Quevedo.
-"Tratado de menciña e sabiduría celta", esta obra trata sobre a sabedoría popular da época celta en temas do corpo, e as regras que debían rexi-lo día a día. O texto de orixe bretona chega ata nós en galego por mor do traballo desenvolvido por CastelGreen.
O sabio Deiv I Leen recolleu o coñecemento destas dúas xoias dos máis grandes literatos, coñecidos na cultura Madarnás como Irmáns Green, logrando unificar tan magno coñecemento. Grazas ó cal "El Oráculo Celta de Deiv I Leen" é capaz de dar unhas recomendacións para o mellor vivir, adaptadas a cada persoa e día.
Agardamos que a Forza sexa con vós e que estes sabios consellos vos guíen pola boa senda.

Clica na imaxe para descargar o oráculo.
NOTAS:
1- Por erro no uso do servizo, por agora hai que descargalo premendo no cadro de abaixo.
2- Para un correcto funcionamento, é preciso habilita-las macros en Powerpoint, para isto hai que ir a "Herramientas->Macro->Seguridad" e activa-la opción de seguridade media. Así cando se execute o pps, preguntará se aceptámo-las macros, habendo que premer en "Habilitar macros".
No hay comentarios.:
Publicar un comentario