jueves, 20 de diciembre de 2007

3, 2, 1...Nadal

Xa queda moi pouco para a chegada do Nadal, así que estes últimos días adicamos o noso tempo a deixar tódolos cabos ben atados. Os fitos máis salientabels do Yonyi son:

  • Adquisición e intercambio de participacións da Lotería de Nadal. Grazas ó intercambio cos compañeiros de traballo e coa familia, ata o momento dispoño de 9 números, e aínda poden ser máis. Nalgunha das vindeiras entradas xa porei como queda o balance dos 63 € que xogo.
  • Elaboración da felicitación das Festas entre os amigos do traballo. Tralo éxito acadado con anteriores proxectos, a delegación madrileña de Potrosoft foi designada para realiza-lo "Powerpoint" de felicitación, obtendo novamente louvanzas e parabéns.
  • Obtención de agasallos. Co lanzamento dun concurso entre os empregados de Telefónica (e alleos), a ludopatía chegou ó meu departamento, e tras pasar case que toda unha mañá adicada a participar no concurso, empregando métodos demasiado frikies como para seren explicados aquí, obtiven un rato inalámbrico e un Nokia 6131. Non está mal o botín (non confundir co Botín de Pilar).
  • Cesta de Nadal. Dende o luns teño na casa a cesta de Nadal deste ano. Por mor de que a do pasado fora moi abundante, a deste ano defraudou un pouco, pero hai que recoñecer que tampouco está nada mal, xa que conten o segundo mellor agasallo que se pode facer no Nadal, a paleta de porco de landra, só superado por un bo xamón.

Velaquí tedes as probas do delito:


No hay comentarios.: