Nunha reflexión anterior preguntábame ata onde podería chegar no meu actual posto de traballo. Coido que tralo acontecido a pasada semana, nunca acharei a resposta.
Coma se dun parafuso de Arquímedes se tratase, o surrealismo semella non ter fin.
Despois do éxito acadado na anterior festa de despedida dun compañeiro, Potrosoft Madrid colleita un novo triunfo nesta complexa disciplina. O salientable nesta ocasión é que as fotomontaxes estaban patrocinadas polo meu xefe, del foron tanto a iniciativa coma a temática. Tiña máis repercusión que algún dos proxectos nos que participo, xa que cada 15 ou 20 minutos tiña a un dos meus xefes preguntando polos progresos e vendo a evolución, coma se dun "ping" se tratase.
No caso de non sentirme valorado polo meu traballo, sempre me queda a opción de empina-lo cóbado, xa que semella que fomentan esta práctica dende a empresa. O pasado xoves nunha das cafeterías do complexo tiñamos degustación dunha bebida espirituosa, servida nun pequeno vaso de galleta con chocolate, e cunha botella de 50 ml como agasallo.
Eu prosigo coa introspección namentres a roda do destino segue a xirar preparandome novas sorpresas. ¡¡¡Oráculo de Deiv-I-Leen, váleme!!!
Suscribirse a:
Comentarios de la entrada (Atom)
No hay comentarios.:
Publicar un comentario