Supoño que ti e máis eu somos os únicos EM que coñecemos os perigos do misterioso Síndrome do cubículo crónico, no que moita xente ve reflectida as consecuencias dunha dura vida dedicada a traballar cos ordenadores nunha oficina.

Os que non coñecían este arrepiante mundo, estarán pensando o afortunados que son por non teren que traballar nestas instalacións que parecen saídas das cuadriculadas mentes do Partido Cuadrado. Pola contra, os que o coñecedes estaredes a pensar que é o que hai, e que hai que levalo como mellor se poida, pois non é por asustarvos, pero aínda PODE SER PEOR!!!!.
Si, esa mesa é real, tan real que é a miña. Existe unha tirada completa de fotos sobre o meu hábitat laboral, pero non quero que teñades pesadelos nin que sufrades por min, así que gardareinas para unha mellor ocasión, pero que saibades que por riba hay un estante cheo de manuais que ameaza con me caer na cachola.
1 comentario:
Iso si que é aproveita-lo espacio. E aíndo por riba tendo un monitor de tubo. Pero hai cousas peores, por exemplo eu estiven máis de 3 meses sen sitio, e teño un compañeiro que tiña unha mesiña de aproximadamente 70 x 50 cm, e estaba sentado baixo un extintor.
Coido que dentro de pouco poderei dar réplica a esta entrada...
P.D: Vexo que xa me comprendes no do pouco que apetece estar co ordenador na casa despois de estar todo o día no traballo.
Publicar un comentario