Como se dunha galería de tiro ó pato se tratase, o tempo pasa e chega un momento no que o "parrulo" das deceas ten que caer e deixar paso ó tres. Trátase da primeira das crises sobre a idade, que algún de vós está a piques de pasar, e a outros tampouco é que nos quede moito.
No traballo temos unha compañeira que se atopa nesa situación e que non o leva demasiado ben. Para facilitarlle esa difícil transición algúns do traballo estamos a facer unha labor psicolóxica tratando de que se vaia afacendo á idea e por iso cada mañán envíaselle un correo no que se recorda o número de días que faltan para chegar ó seu aniversario. O correo está dirixido dende unha conta que se chama "adios a los veinte" e contén o número de días que quedan, un texto para lle dar ánimos e unha imaxe que ten relación co texto, por exemplo unha momia, unha dentadura postiza ou un bote de antienrugas.
Coa fin de ameniza-la espera ata que chegue o día, Evergames deseñou un xogo de coñecementos en Excel no que se pretende ver o coñecemento da xente en cousas obsoletas. Como gracia tiña que a última imaxe era a da propia compañeira, pero por temas de dereitos de autor, na versión oficial é substituida por outra imaxe.
Despois de fase de probas pertinente, empregando ós compañeiros como "beta-tester", dende hoxe o xogo está a disposición do gran público. Recoméndase que os máis novos xoguen baixo a supervisión dun adulto, xa que posiblemente non teñan a experiencia suficiente para resolve-lo enigma.
Suscribirse a:
Comentarios de la entrada (Atom)

1 comentario:
Está chulo, pero é moi pequeno, un bo oitentero faino na carreiriña dun can. O único que non acertei á primeira foi o mando, xa que eu recordaba máis o outro nome que tiña. Sigo dicindo que temos que facer un entre os dous.
O da idade eu lévoo sen problema, comecei o ano cun macrocumpreanos de varios amigos que os facían, así xa é coma se os cumprise eu tamén.
Se queredes aumenta-la dose de terror psicolóxico coa vosa compañeira, podedes facer uso desta . Ou estoutra
Publicar un comentario