viernes, 14 de marzo de 2008

"Prejubilame"

Tralo éxito acadado en anteriores ocasións coas fotomontaxes e presentacións, nesta ocasión no traballo tiñamos que superarnos, xa que a ocasión era moi especial, tratábase dunha prexubilación.

Uns meses atrás meus compañeiros xa fixeran unha pequena homenaxe creando o politono “Prejubílame”, e agora que a prexubilación se acadara, tocaba facer unha boa homenaxe, xurdindo a idea de facer un vídeo musical da canción. Con ista fin involucrámonos tódo-los membros do departamento, xefes incluidos.

Tras varias sesións de grabación e montaxe, chegara o gran día da estrea do vídeo. Pola alfombra azul (vermella ou laranxa están vetados) pasaron multitude de personaxes, seguramente máis de vinte. Algúns ían normal, e outros todos engalanados. O Yonyi vestía uns elegantes vaqueiros de cor azul dos deseñadores H&M, unha camisola gris marengo coas mangas de corporativas cores, do prestixioso Carrefour, e unha garabata vermella de H&M.

A proxección foi moi emotiva, sendo ben acollida tanto pola crítica coma polo público.

Dende onte xa está dispoñible para a súa distribución, así que se os organizodores do XXXII Festival do Daivilín considerano oportuno, no programa haberá unha proxección do vídeo seguido dunha charla-coloquio cun dos membros do equipo técnico.


No hay comentarios.: