jueves, 6 de diciembre de 2007

MadarRisk

EI RAPAZ, XA ESTÁ AQUÍ O NADAL!.

Aínda non tes claro o que lle vas pedir ós Reis na túa carta?. Dende Evergames chega a proposta máis novidosa en xogos de taboleiro. O MADARRISK!!.

MadarRisk é un xogo dinámico, no que as distintas faccións dos Madarnás tratarán de conquista-lo mundo que se atopa alén "do outro lado do río". Trátase dun xogo gastronómico-cultural que está pensado para que poida ser disfrutado tódala familia, sendo válido para calquera idade e dende 1 ata 20 xogadores.

As regras do xogo son moi sinxelas. Cando un dos Madarnás chegue a un novo territorio, deberá chantar nel o seu estandarte, reclamando como propio dito territorio. No caso de que ademais se adxunte documento gráfico para demostra-la conquista, aplicarase un factor multiplicativo x2. As formas máis comúns de obter novos territorios son as seguintes:

  • Unión temporal con aliados "do outro lado do río" para organizar unha cruzada conxunta.
  • Alianza con outros Madarnás na procura de novos territorios.
  • Expedición solitaria dun membro Madarnás.
  • Visita ós dominios dun aliado "do outro lado do río".
  • Tratado de unión temporal ou definitiva con herdeiros doutros territorios

Veña, a que esperas, date presa ou quedarás sen el!.

4 comentarios:

richi dijo...

Cheo de orgullo, anuncio que acabo de tomar posesión do meu primeiro territorio.

CESAR dijo...

Hola que tal?,yo soy un Madarnás,vivo en Barcelona.Un saludo

OrDousxDous dijo...

Un saúdo para o Madarnás catalán.

Familia moi directa non seremos (se non estarías fichado polas expertas en xenealoxía da nosa familia), mais familia seguro, que os Madarnás son poucos e bos.

nhf dijo...

Un saludo para César.

Si tienes algún interés en ver la distribución de los Madarnás por España y por Galicia, te pueden resultar de utilidad los siguientes enlaces:

Distribución de apellidos en España
Cartografía de apellidos en Galicia

En Barcelona no estáis mal servidos, sois 14, lo que os coloca como 3ª provincia con más Madarnás.