martes, 26 de agosto de 2008

Unha noite no castelo

Venres noite, temperatura agradable, pequenos cambios de última hora e as présas asociadas. Así comezaba a esperada visita ó castelo de Alcaudete.

Esta visita estaba marcada en vermello no calendario, xa que era o momento escollido para impresionar ás masas mediante a aparición da "marea verde". Tratábase da presentación en público das camisetas deseñadas para a ocasión, e abofé que causaron sensación e deron a nota de cor.

Tras unha subida que case nos deixa sen folgos, tivemos unha visita guiada polo castelo, e para quen quixese, a opción de subir á Torre da Homenaxe, dende a que había unhas bonitas vistas da vila de Alcaudete. Rematada a visita, dispuxemos dun pequeno aperitivo na corte da Corte.

Pero o mellor da noite estaba por chegar, todavía faltaba a Queimada, rito pagán para escorrentar ós malos espíritos. Nunha ocasión tan especial era mester contar coa presenza dun bo druída, é que mellor elección que a do Deiv I Leen, o "Druída das Estrelas", experto no Conxuro e na lectura das runas.



Mentres se consumía o lume da Queimada, saíndo da escuridade, o fol dunha gaita comezaba a enche-lo ar co son da saudade. A xente abría paso a Xacobe, coma se de Moisés atravesando o Mar Vermello se tratase, para permitirlle chegar ata o escenario onde a augardente seguía a arder.

Por se a gaita non chegaba para facer aflora-la morriña, antes de remata-lo momento de exaltación da Terra coa degustación da Queimada, o grupo coral de "Toxo Toxo" tivo a amabilidade de nos deleitar cunha fermosa canción cantada "a capella".

Dende logo, foi unha noite inolvidable.

4 comentarios:

OrDousxDous dijo...

Que ghrande!!!

Xa non lembraba eu a existencia destes vídeos, eu pensaba que era o da queimada e mira ti.

Aproveito para facer publicidade deste pluggin do Firefox XD

Anónimo dijo...

Chenoa, o Pixi e Gayoso Burlancastre..., unha mestura difícil de encaixar

Anónimo dijo...

Espero que ahora que ya no tiene tanto lío con los preparativos de la boda me pueda hacer un huequecillo en la agenda para echarme las runas, y de paso echar un mal de ojo a la novia de Bisbal.

nhf dijo...

O vídeo é impresionante, levaba tempo tratando de atopalo pero non era capaz, xa perdera a esperanza. Pero por sorte apareceu no mellor momento.

Agora xa non se libra de pasar á posteridade.