Dende o principio dos tempos hai diversas clases ou castas, no noso caso a escada social está composta por dous chanzos, os propios e mailos alleos.
En primeiro lugar vouvos amosar como é un posto de traballo dun propio:

Na imaxe pódese apreciar que teñen un soporte para poñe-la caixa do PC, ademais teñen uns caixóns no que garda-las súas pertenzas e documentación. Tamén existe un pequeno tabique para separa-lo teu espacio do de enfronte.
Na seguinte imaxe temos un antigo posto de alleo, que agora está en vías de extinción:

Non se pode ver ben na imaxe, pero neste caso non hai ningún tipo de caixón, polo que a meirande parte dos papéis teñen que estar por riba da mesa, ó igual cas CPUs. O deseño da mesa é moito máis sinxelo e non hai ningún tipo de elemento que delimite o espacio entre alleos. Outra diferencia que atopamos é que mentres as manadas de propios agrúpanse de seis en seis, no caso dos alleos pode chegar a haber 9 no mesmo espacio.
A última moda é expoñe-los alleos en vitrinas, coma se de trofeos se tratase:

Nesta vitrina que se podería calificar como hipercubículo, sitio onde me mudei xa vai unha semana, estamos seis persoas, aínda que na imaxe tan só hai postos dous equipos. Como se pode apreciar, calquera atisbo de comodidade foi eliminado. A concentración de xente fai que a temperatura que vai na sala sexa sempre de 3 ou 4 graos máis que fóra dela. Para poder te-las nosas cousas, formamos un pequeno grupo de resistencia, facéndonos fortes e apropiándonos dun pequeno armario que hai fora da sala. Ata fai dous días o meu sitio era de espaldas ó cristal, de xeito que calquera que pasase por alí podía ve-lo mesmo ca min no meu ordenador sen eu darme de conta.
E ata aquí chega o noso "tour", espero que desfrutasen da visita.
2 comentarios:
O teu é un cubículo de concentración, pero penso que gaña o meu, no meu minipiso 2x3m estamos tres persoas. Por estar no medio das máquinas temos dúas opcións, ou morrer asfixiados e recocidos, ou aturar o zunido das máquinas nas que os operarios adoitan levar tapóns nos oídos.
Boto en falta máis cubículos familiares, non sexades tan vagos e amosade o voso hábitat laboral.
Nós en lugar de máquinas estamos sitiados por un grupo dunhas 15 corentonas. Estas en lugar de zunir, cacarexan cando se xuntan máis de dúas, o que acontece a meirande parte do tempo.
Como nota dicir que o meu xefe di que segundo te achegas ó noso posto, vai cheirando a perfume.
Publicar un comentario