Neste caso trátase dun blogue "homónimo mexicano non sindicado" que aparece baixo o nome dos Mandarinas. Habería que consultar cun experto, pero considero que claramente estamos ante un caso de plaxio, xa que os escritores da bitácora fanse chamar: O4x4, Ricardo, Gaby e Jürgen, e ademais a estética e sospeitosamente parecida.
Como unha imaxe vale máis ca mil palabras, deixovos unha captura de pantalla sacada esta mañá do meu navegador, para que vexáde-las similitudes.

¡¡¡Isto é a guerra, imos facer zume dos Mandarinas!!!
2 comentarios:
Cando menos de nós pódese sacar un zume moi nutritivo e cheo de vitaminas, ademais dun delicioso e refrescante sabor. Pero, ¿qué podedes aportar vós?
¡¡Longa vida os Mandarinas!!
OH!!! Polo que vexo tedes a pouca vergonza de fusilar o cartel de Avante patacas no ano internacional da pataca.
E de toda a vida dise mondarinas, langráns.
Publicar un comentario