A pasada noite de Halloween, decidín ir tomar unhas cervexas cos amigos é aproveitar para dar unha voltiña. Estando no día que estabamos, o sitio máis
axeitado semellaba ser unha cervexería de nome celta "Triskel", é de paso, podiamos ver en directo a actuación duns contacontos.
Chegamos un pouco tarde, e xa comezara, pero afortunadamente non levaba moito. Ademais, houbo sorte e puidémonos sentar. O tema era que estaban dous humoristas, Ignatius, e un rapaz principiante. O rapaz facía o que podía, pero era máis desbarre que comedia, non ría casi ninguén, e tan só triunfou con dous chistes. Mentres que con Ignatius estabamos a esmendrellarnos.
En metade da actuación, comezou a torcerse todo, primeiro un borracho comezou a replicar e a pedir que lle deixasen o micro e dicir unhas palabras en plan "bo roliño" e cousas similares. Tras aguantar un poco ó home ese, cando todo semellaba volver a normalidade, pasou a peor. Un "skin" borracho e posto ata as cellas, empeñouse en contar un chiste, é estivo a sabota-lo monólogo ata que lle deixaron subir. Como o tipo ía tan mal, case cae do escenario. O publico comezou cos apupos, e como non remataba co chiste, ó final baixárono sen terminar. Nese momento a cousa liouse de verdade, os "skins" comezaron a insultar ó público e sobre todo a Ignatius, ata que chegou un momento no que comezou a contestarlles, e finalmente foise cara eles e case se lían a tortas.
Por sorte todo quedou niso, pero case todo o público marchara vendo o panorama, así que cando se restableceu a calma, Ignatius pedíu desculpas, e tras un par de minutos rematou o monólogo, xa que non era capaz de seguir.
O final foi un pouco surrealista, xa que só quedaban no sitio os seus amigos e os seus compañeiros de "Paramount Comedy", e por suposto, nós. Así que cando rematou, veu ata a nosa mesa e deunos as grazas por quedar alí ata o final.
Aquí temos unhas ligazóns ó monólogo de Ignatius que non puidemos ver completo:
Ignatius - Parte 1
Ignatius - Parte 2
Ignatius - Parte 3
Suscribirse a:
Comentarios de la entrada (Atom)


No hay comentarios.:
Publicar un comentario